Lei 44/2003, do 21 de novembro, de ordenación das profesións sanitarias: corresponde aos farmacéuticos «as actividades dirixidas á produción, conservación e dispensación dos medicamentos, así como a colaboración nos procesos analíticos, farmacoterapéuticos e de vixilancia da saúde pública».
Orde CIN/2137/2008, do 3 de xullo, pola que se establecen os requisitos para a verificación dos títulos universitarios oficiais que habiliten para o exercicio da profesión de farmacéutico: establece como competencias que os estudantes de Farmacia deben adquirir:
A) Estudios de postgrado
Os estudos de posgraduado teñen a finalidade de afondar na formación académica, profesional ou investigadora do graduado. Poden ser de dous tipos:
Por outra parte, existen outros cursos de formación que imparten empresas ou institutos especializados, institucións ou entidades, e que facilitan ao graduado o seu «Desenvolvemento profesional continuo» (DPC).
O Consello xeral do Colexios oficiais de farmacéuticos ofrece aos profesionais da Farmacia os cursos incluídos no seu Plan Nacional de Formación Continuada.
B) Formación Sanitaria Especializada (FIR)
Unha vez finalizado o Grao en Farmacia, pódese optar pola Formación Sanitaria Especializada para obter o correspondente título de Farmacéutico especialista.
Anualmente publícase no BOE a disposición oficial pola que se aproba a oferta de prazas e a convocatoria de probas selectivas para o acceso a prazas de formación sanitaria especializada para médicos, farmacéuticos, enfermeiros e outros graduados/licenciados universitarios do ámbito da Psicoloxía, da Química, da Bioloxía e da Física.
Unha vez se gradúa e, de ser o caso, se especializa, o profesional farmacéutico pode traballar no sector público ou no privado.
Para o caso do sector público, a través do que se coñece tradicionalmente como «oposición», o farmacéutico pode acceder a diferentes postos da Administración do Estado, CC. AA. e entidades locais. Algúns exemplos son: Institucións hospitalarias e de Atención Primaria, técnicos do Ministerio de Sanidade/AEMPS/AECOSAN, inspectores, técnicos de saúde pública, institucións militares ou penitenciarias, alfándegas, ensino secundario ou universitario, laboratorios municipais, etc.
En canto ao ámbito privado, as principais opcións profesionais son: