Os estudos de Farmacia cúrsanse nas facultades universitarias. Na actualidade, existen 22 en España:
Áraba, Albacete, Elx (Alacant), Barcelona, Granada, Madrid-Alcalá de Henares, Madrid-Complutense, Murcia, Salamanca, Santiago de Compostela, Sevilla, La Laguna (Tenerife), Valencia, Alfonso X El Sabio-Madrid (privada), CEU-Valencia (privada), CEU-Madrid (privada), Francisco de Vitoria-Madrid (privada), Navarra (privada), San Jorge-Zaragoza (privada), Universidad Europea-Madrid (privada), Universidad Católica San Antonio de Murcia (privada), Universidad Blanquerna – Ramón Llull – Barcelona (privada).
En cumprimento da Lei orgánica 4/2007, pola que se modifica a Lei orgánica 6/200, de universidades, e segundo o especificado no RReal decreto 1393/2007, polo que se establece a ordenación dos ensinos universitarios oficiais, o título de «Licenciado en Farmacia» pasou a denominarse e estruturarse como «Grao en Farmacia».
O título de graduado/a en Farmacia que se obtén en cada unha delas ten validez en todo o territorio nacional. Os títulos das diferentes universidades foron verificados pola Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA), recoñecido o seu carácter oficial polo Consello de Ministros, incluídos no «Rexistro de Universidades, Centros e Títulos (RUCT)» e publicados os seus plans formativos no BOE, polo que queda substituído o plan de estudos da licenciatura.
O Grao en Farmacia inclúese na rama de «Ciencias da Saúde» e o seu obxectivo fundamental consiste na formación de expertos en todos os aspectos relacionados cos medicamentos, consoante as directivas europeas referentes á profesión de farmacéutico. Así mesmo, proporciona a formación necesaria para capacitar o graduado para o exercicio da profesión farmacéutica conforme o establecido na Lei 44/2003 de ordenación das profesións sanitarias, e de acordo co estipulado na Orde 2137/2008, pola que se establecen os requisitos para a verificación dos títulos universitarios oficiais que habiliten para o exercicio da profesión de farmacéutico.
A duración dos estudos é de cinco anos de ensino teórico-práctico, cun total de 240 créditos ECTS (entre 25 e 30 horas lectivas), incluídos 30 créditos ECTS de prácticas tuteladas en oficina de farmacia ou servizo de farmacia dun hospital e do traballo de fin de grao. Desta maneira, os farmacéuticos colaboran coa Administración impartindo a materia con máis carga lectiva: as prácticas tuteladas.
Na actualidade, rexístranse arredor de 13.000 alumnos matriculados, e cada ano gradúanse uns 2.200 estudantes.
Durante os últimos anos, o Consello xeral de Colexios oficiais de farmacéuticos estivo a traballar coa Conferencia de Decanos no desenvolvemento dos novos plans de estudo para adaptalos ao futuro Espazo Europeo de Ensino Superior. Así, a principios de 2006 a Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA) publicou o Libro Branco «Título de Grao de Farmacia» Icona pdf, resultado do traballo realizado polas universidades españolas e en colaboración co Consello xeral, co fin de adaptar os títulos oficiais de ensinos superiores aos requisitos europeos.
Conforme a «Orde 2137/2008, pola que se establecen os requisitos para a verificación dos títulos universitarios oficiais que habiliten para o exercicio da profesión de farmacéutico», as súas competencias son:
A Lei 44/2003 de ordenación das profesións sanitarias atribúe aos farmacéuticos «as actividades dirixidas á produción, conservación e dispensación dos medicamentos, así como a colaboración nos procesos analíticos, farmacoterapéuticos e de vixilancia da saúde pública». Esta lei tamén fai referencia á formación continuada dos profesionais, ao afirmar que «os profesionais sanitarios realizarán ao longo da súa vida profesional unha formación continuada e acreditarán regularmente a súa competencia profesional».
Segundo o Libro Branco da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA), a saída profesional máis frecuente para os farmacéuticos é a Oficina de Farmacia. O labor das farmacias consiste na conservación, dispensación, no asesoramento e na elaboración de medicamentos. Isto implica unha gran carga de responsabilidade, un coñecemento e vixilancia da lexislación establecida ao respecto, e unha base científica e técnica importante. A farmacia é, á súa vez, un centro de educación e prevención sanitaria, dietética e cosmética. Por outra parte, os laboratorios demandan un alto número de farmacéuticos: directores ou responsables de laboratorio, produción e control de calidade e, sobre todo nestes últimos anos, demandan profesionais para funcións de venda e márketing. A investigación é sempre unha saída de difícil acceso para calquera titulado superior; porén, o número de farmacéuticos dedicados á investigación é moi alto, en comparación con outros campos. Tamén existen saídas profesionais vinculadas á ortopedia, empresas de alimentación, empresas de medio ambiente, radiofarmacia, cosmética e dermofarmacia.
En España, os principais campos de exercicio para o farmacéutico son os seguintes: