Axenda Social e Sanitaria da Farmacia

A Axenda social e sanitaria da farmacia é un documento elaborado polo Consello xeral de Farmacéuticos, que recolle os principios que inspiran a actuación dos profesionais farmacéuticos; xunto ao compromiso e as accións que impulsa a profesión para cumprir coa Axenda 2030 e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible das Nacións Unidas (ODS).

Tamén inclúe propostas profesionais para avanzar na súa consecución e superar os desafíos que lle afectan á nosa sociedade, como o avellentamento, o despoboamento, a transformación dixital ou a humanización da atención sanitaria.

Descarga de materiais